ConcellosÚltima horaVídeos

Voluntarios realizan labores de “mulching” nos montes de Casaio para paliar os danos dos incendios

 

Carballeda de Valdeorras é un dos municipios nos que se está a desenvolver o Programa de voluntariado nos concellos con territorio dentro dos espazos protexidos de Galicia para paliar as consecuencias dos lumes do 2025.

 

 

Así, nesta fin de semana un grupo de voluntarios realizaba nos montes de Casaio labores de mulching, unha técnica que permite crear unha protección do solo empregando materiais, como a palla de cereais, e aplicala de forma manual nas áreas accesibles a pé.

 

 

Esta iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, busca que “o persoal voluntario colabore no desenvolvemento dunha serie de actuacións coa finalidade protexer os terrenos devastados polos lumes neste verán de 2025 naqueles concellos con territorio dentro dos espazos protexidos de Galicia”, segundo a Xunta. Realizaranse nunha ducia de concellos: A Veiga, Baltar, Beade, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Larouco, Manzaneda, Oímbra, Rubiá, Vilamartín e Vilariño de Conso.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button