ConcellosPetínÚltima hora

Traballos nos montes ardidos dos que dependen as captacións das Arcas, que dan auga a Petín e á Rúa

 

Axudar aos concellos de Valdeorras que foron asolados pola vaga incendiaria deste verán nos labores de restauración hidrolóxica e ambiental das terras queimadas, “con especial atención á preservación das traídas e captacións de auga de abastecemento das poboacións, que se poderían ver gravemente afectadas en caso de arrastres de cinza por efecto das fortes chuvias” é o obxectivo da acción simultánea de voluntariado promovida por ADEGA que se desenvolve nesta fin de semana en cinco concellos da comarca: O Bolo, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, o Barco e Petín.

 

 

As máis de 75 persoas que están a traballar (entre voluntarios e técnicos de ADEGA) están distribuídas por grupos nos montes dos diferentes municipios. No caso de Petín, coa colaboración da AVPC deste Concello, os labores de mushing e construción de faxinas e albarradas, leváronse a cabo nos montes ardidos dos que dependen as captacións de “As Arcas”, que dan auga ás poboacións de Petín e A Rúa.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button