ConcellosÚltima hora

A estrada de San Xulián (A Rúa) cortada en varios puntos polos arrastres despois da chuvia

A zona de abastecemento de Santo Estevo estase a ver afectada

Tal como estaba previsto, a chegada das primeiras chuvias de importancia tralos lumes fixo que nestes últimos días comezasen a chegar os arrastres de cinza e outros residuos ás captacións de auga. “Este feito está a provocar os primeiros síntomas de turbidez na traída da auga”, indicaban onte dende o Concello da Rúa, recomendando “especial vixilancia da posible chegada de residuos para evitar danos en electrodomésticos”.

 

 

E xa na mañá deste xoves 23 de outubro avisaban dos cortes da estrada de San Xulián en varios puntos. “O Concello está a facer os traballos precisos para o seu restablecemeto”, aseguraban, indicando tamén que se “está a proceder ao baleirado forzado da presa de Santo Estevo, polo que lémbrase á veciñanza non usar, lavadoras, lavalouzas ou calquera outro electrodoméstico que precise da auga da traída para funcionar.”

Back to top button