Mais de 150 persoas disfrutaban dunha excelente cea e das primeiras castañas asadas da tempada no marco do magosto de Parada de Sil, o primeiro que se celebra no municipio neste outono. Tiña lugar nesta fin de semana, en concreto o sábado 25 de outubro, na nave da castañas.
A celebración, que se prolongaba ata a madrugada, incluía unha cea a partir das 20:30h. a base de empanada, carne ao caldeiro, bica, chocolate e castañas, xunto con viño gaseosa e augas. O magosto estivo amenizado polo dúo formado por Diego neira e Carlos Music.
O magosto estaba organizado pola asociación Ouro do Sil.
Fotos cedidas.
