Cun amplo programa de actividades se celebra este ano o Samaín no Barco de Valdeorras. Os actos, organizados pola Concellería de Cultura e dirixidos aos nenos do municipio, comezaban na tarde deste venres 32 de outubro, cunha actividade moi novidosa que contou coa colaboración do Barco Centro Comercial Aberto, “Susto, gusto e desgusto”.

Dende as 17:30 horas, os nenos, acompañados na maioría dos casos acompañados por familiares e malia a persistente chuvia, percorreron os establecemos asociados ao CCA para recoller caramelos. Entre as lambetadas había “bolas máxicas” que daban dereito aos nenos a recibir un agasallo especial ao finalizar a actividade. Tamén houbo regalos para os disfraces máis orixinais. Dende a asociación agradecen “enormemente a colaboración, a paciencia e a boa disposición de todos os comercios que participaron e nos acompañaron nesta divertida tradición”.

Nesa mesma xornada volve a “Noite na biblioteca”. Será a partir das oito da tarde, e os nenos participantes na actividade, que se desenvolverá na Biblioteca Municipal, poderán gozar de xogos, talleres, aventuras e historias de medo, con especial protagonismo da Santa Compaña.

Ademais, mañá, sábado día 1 de novemebro a partir das cinco da tarde, celebrase no Pavillón Vello unha festa infantil de Samaín, con entrada de balde. Haberá disco móbil con animación, un concurso de berros de medo, un taller de chapas monstruosas e un photocall de Samaín. Tamén neste caso hai previstas moitas sorpresas para os participantes.
Fotos: Mónica G. Bellver.