ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A festividade de Todos os Santos, no cemiterio de Veigamuíños (O Barco)

 

Na mañá deste sábado 1 de novembro tiña lugar a celebración do Día de Todos os Santos para as localidades barquenses de A Proba e Veigamuíños.

 

 

Os seus veciños dábase cita no cemiterio arredor das 12:15 horas para asistir aos cultos ao carón das sepulturas, oficiados polo párroco, Jesús Álvarez quen, ademais de rezar polas persoas falecidas e facer un responso percorrendo as diferentes zonas do camposanto, lembraba a situación actual do servizo relixioso na comarca de Valdeorras, con moi poucos sacerdotes para cubrir as numerosas parroquias.

 

 

Anteriormente, ás 10 horas tiña lugar a misa no cemiterio do Castro-Outarelo; e ás 11:15 horas en Xagoaza, en ambos casos oficiadas tamén por Jesús Álvarez. Pola tarde, ás 16:30 horas está prevista a misa no cemiterio do Barco.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button