CD VianaDeportesFútbolÚltima hora

Os goles de Enzo e Iván dan a vitoria ao CD Viana no campo das Carrelas

O conxunto celeste vencía 2-1 ao Cortegada na tarde deste domingo 2 de novembro

 

Dobre cita deportiva nesta fin de semana no campo vianés das Carrelas con resultados ben diferentes. Na tarde do vernes 31 de outubro o equipo xuvenil do CD Viana quedaba eliminado da Copa Deputación ao perder 1-4 ante o Bosco; e na tarde deste domingo 2 de novembro o equipo sénior sumaba a cuarta vitoria da tempada ao vencer 2-1 ao Cortegada.

 

 

Logo da derrota 0-2 en casa ante o Toén, os rapaces de Diego volvían xogar en casa saltando ao terreo de xogo co firme propósito de puntuar e así o facían. Enzo abría o marcador para o Viana no minuto 34 e rozando o descanso empataban os visitantes. Xa na segunda parte, tralo paso polo vestiario Iván poñía o 2-1 definitivo.

 

 

Con este resultado os celestes sitúanse no posto 11º da clasificacion no grupo ourensán de Segunda Futgal no que tamén compite o CD Rúa, dous puntos por debaixo trala derrota de onte no campo do Rocas, en Esgos.

 

 

O seguinte partido para o CD Viana será no campo Vista Hermosa ante o Cortegada.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button