ConcellosO BarcoÚltima hora

A Piscina Climatizada contará con placas fotovoltaicas para o aforro de enerxía e mellora medioambiental

Cedida.

 

O Concello do Barco vén de informar de que nesta semana rematará a execución do proxecto de instalación de placas fotovoltaicas na Piscina Municipal Climatizada situada na vila. As obras, cun custo final de adxudicación de algo máis de 49.000 euros, están a ser executadas pola empresa Elecnor Servizos e Proxectos. Ao igual que na obra de instalación de fotovoltaicas no Pavillón Polideportivo de Calabagueiros, esta instalación conta cunha subvención do 60% de Fondos Feder.

“Na piscina xa se contaba con unha instalación de placas, neste caso termosolares, que se utilizan para alimentar o sistema de auga quente. Agora, o uso de enerxías alternativas completase coa colocación 90 módulos fotovoltaicos, cunha potencia fotovoltaica de 50 kW, que xerarán algo máis de 62.000 KWH ao ano, cunha tipoloxía de autoconsumo colectivo con compensación de excedentes. Isto significa que as fotovoltaicas están conectadas á rede e que, no caso de que a enerxía xerada non fora consumida pola instalación deportiva, sería inxectada á rede eléctrica e posta a disposición da comercializadora”, segundo se indica dende o Concello do Barco.

Neste momentos, o consumo da piscina climatizada é de 250.000 kwh, o que supón entre 30.000 e 40.000 euros anuales. Esta instalación cubrirá polo tanto preto do 25% do consumo eléctrico actual, uns 10.000 euros ao ano, matiza o Concello, destacando ademais que “a posta en marcha deste proxecto ten como obxectivo non só o do aforro en enerxía eléctrica, senón tamén servir como exemplo de sostenibilidade e aproveitamento de enerxías limpas para autoconsumo, cos conseguintes beneficios económicos, sociais e medioambientais. Tamén se busca unha redución das emisións de CO2 derivadas da utilización das fontes de enerxía fósil, así como facilitar a integración de enerxías renovables no sistema, a través da xestión da demanda”.

Back to top button