ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Viloira (O Barco) saborea a tradición do Magosto

 

Contra as seis da tarde o delicioso olor a castañas asadas envolvía xa Viloira (O Barco). Comezaban os preparativos do seu tradicional Magosto que, a partir das 19h. comezaba a reunir na praza Ramón Otero Pedrayo desta vila a multitude de persoas.

 

 

Reuníanse para degustar as saborosas castañas asadas acompañadas de viño, mentres soaba a animada música da charanga “Os Bierzones”. Nesta edición do magosto, que organiza a Concellería de Cultura do Concello do Barco, poderán degustarse 500 quilos de castañas, bebidas para grandes e pequenos. Como vén sendo habitual, o magosto, é de balde para todos os asistentes.

Fotos: A.R.

 

 

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button