ConcellosEn portadaManzanedaO BoloÚltima hora

Entre chuvia e sol na II peregrinación de San Miguel de Bidueira (Manzenda) ao Santuario das Ermidas (O Bolo)

 

Por segundo ano consecutivo, como unha homenaxe á peregrinación que o bispo Alonso Messía de Tovar facía no ano 1624 dende San Miguel de Bidueira (Manzaneda) ata o Santuario das Ermidas (O Bolo), na mañá deste domingo 16 de novembro, tralo aprazamento por mor do incendio se setembro en Santa Cruz, celebrábase a andaina organizada polo Concello do Bolo en colaboración co de Manzaneda.

 

 

A actividade comezaba ás 8 da mañá na Área Recreativa do Bibei, nas Ermidas, onde un autobús recollía á xente ata o inicio da andaina, na igrexa de San Miguel de Bidueira e dende alí comezaba a ruta de 9,5 km por soutos, sendeiros e mesmo estradas de lugares como San Vicenzo ou As Escadas.

 

 

Malia a chuvia, que acompañaba aos camiñantes durante boa parte do percorrido, eran moitas as persoas que se animaban a facer esta bonita andaina que remataba no adro do Santuario cun resplandecente sol. Veciños de ambos os dous concellos pero tamén doutros puntos da contorna como A Rúa que ao rematar a peregrinación asistiron á misa.

Fotos cedidas.

Back to top button