Na tarde de onte o Concello do Barco acendía a iluminación de Nadal no municipio. Unha novidade era a que poderá verse ao longo destas datas festivas na zona antiga da vila, cunha iluminación totalmente diferente (xa en anos anteriores colocábanse algúns arcos en varios puntos) e que se estende ao longo das diferentes rúas: dende San Roque, Real ata a rúa Escura.
Fotos e vídeo: O SIL.
