CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Lauro Olmo do Barco, segundo no ‘Premio Tolerancia cero contra o acoso’ da Xunta

Fachada do IES Lauro Olmo do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Xunta vén de recoñecer o labor de 16 centros educativos, entre os que está o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, polo seu compromiso co fomento da convivencia e o benestar nas aulas e a prevención do acoso escolar. Faino a través dos premios ConVivimos e Tolerancia cero fronte ao acoso escolar correspondentes á edición deste 2025 que vén de resolver a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

Con estes galardóns, o departamento de Educación referenda a aposta polo fomento do bo clima nas aulas como unha prioridade de Goberno, obxectivo para o cal ten en marcha un amplo abano de iniciativas entre as que se atopan estes recoñecementos que, ademais de valorar e visibilizar iniciativas positivas desenvolvidas desde os centros escolares, destacan o seu alto grao de compromiso neste eido e serven de exemplo de boas prácticas para o conxunto da comunidade educativa.

Premio ConviVimos

No que atinxe á terceira edición do Premio ConVivimos, a Xunta recoñece o traballo e compromiso de oito centros educativos nesta área, un en Ourense, o CEIP O Castiñeiro (Laza), que leva o terceiro premio na categoría A, destinada a centros de Educación Primaria con 1.000 euros.

Con esta iniciativa, o Goberno galego quere destacar aquelas actuacións e proxectos desenvolvidos desde os centros educativos galegos que impliquen un alto grao de compromiso coa mellora da convivencia escolar e do benestar emocional, así como para visualizar o esforzo realizado polos centros neste eido.

Premio Tolerancia cero contra o acoso

No caso dos Premios Tolerancia cero contra o acoso, resultaron galardoados outros oito centros a razón de dous por provincia. A finalidade do galardón, que vai pola súa segunda edición, é promover a participación do alumnado en programas que estimulen a súa implicación no respecto aos dereitos humanos individuais e sociais a través de accións concretas de loita contra o acoso e o ciberacoso escolar e de coidado e acompañamento das vítimas.

Na categoría A, destinada a centros de Educación Primaria, o Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), fíxose co segundo galardón. No caso dos centros pertencentes a categoría B, destinada aos de Secundaria -abrangue ESO, Bacharelato, FP, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial- o segundo galardón recae no Instituto Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras. Ambos centros recibirán 4.000 euros cada un.

 

Back to top button