ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Papá Noel percorre as rúas do Barco nun descapotable vermello

 

Un ano máis o Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras sorprendía aos viandantes que, na mañá deste xoves 18 de decembro, vían a Papá Noel percorrendo a vila nun fermoso descapotable vermello.

O personaxe navideño saía do centro escolar despois de atender ao alumnado e despois percorría a estrada central, pasando pola praza do Concello e felicitando as festas a todo aquel co que se cruzaba.

Fotos e vídeo: O SIL.

Back to top button