A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A Rúa dá a benvida ao novo ano brindando con cava de Almendralejo na praza do Concello

 

O 2025 non foi o mellor ano para Valdeorras, coas feridas provocadas polos lumes aínda abertas, pero dende o Concello da Rúa quixeron manter unha tradición instaurada hai xa uns anos, despedindoo cun brinde comunitario na praza José Antonio Míguez.

 

 

Alí, o equipo de goberno encabezado pola alcaldesa, María G. Albert, levantaban as copas de cava donadas polo Concello de Almendralejo (Estremadura), para brindar coa veciñanza reunida na praza, por un “2026 venturoso e moito mellor para todos”.

Así, con cava, aperitivos, música e fogos artificiais, A Rúa despedía o 2025 e daba a benvida ao novo ano.

 

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

Back to top button