ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

O sumiller Luis Paadín, pregoeiro da XXIV Festa do Botelo do Barco, e Rosa Alonso “do Buraco”, Mención de Honra

O prestixioso sumiller Luis Paadín, coautor da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia./ Foto cedida.

 

Entre os detalles que se desvelaban esta mañá na presentación da XXIV Festa do Botelo, prevista para o vindeiro 17 de xaneiro no Barco, estaban os nomes do pregoeiro desta edición, que será o recoñecido Luis Paadín, experto técnico en Viticultura e Enoloxía, ademais coautor da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia”, de referencia internacional.

“Dende o primeiro segundo dixo que si”, resaltaba a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, resaltando ademais que estaba especialmente ilusionado por este recoñecemento.

 

 

Ademais o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, resaltaba a “especial querencia de Luis Paadín por Valdeorras dende hai moitos anos”.

Por outra banda, coa Mención de Honra distínguese nesta ocasión a Rosa Alonso Fernández, propietaria da coñecida taberna “O Buraco”, situada na praza Maior da vila. “Moita xente remata os cantos de taberna da Festa do Botelo no seu establecemento”.

Vídeo: O SIL.

En breve ampliarase información sobre a XXIV Festa do Botelo do Barco.

 

A hostaleira valdeorresa Rosa Alonso, propietaria de O Buraco no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Back to top button