A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A Rúa despide o Nadal coa recepción dos Reis Magos na praza do Concello

 

Dende a estación de autobuses ata a praza do Concello. É o percorrido que realizaban os Reis Magos na tarde deste luns 5 de xaneiro, despois de visitar varios puntos do concello da Rúa.

Primeiro visitaban o centro de día e a residencia de maiores Os Pinos e xa ás 16:30 horas, subidos xa na carroza cos paxes, e despois de repartir caramelos aos cativos e maiores que esperaban por eles, Melchor, Gaspar e Baltasar collían rumbo ao campo de San Roque.

 

 

A seguinte parada era a parroquia de Santo Estevo con adoración ao neno e de aí a Vilela, a residende de N.S. de Fátima, a igrexa de Fontei, o barrio de Fátima e xa por último a praza do Concello. Alí eran recibidos por unha multitude de xente e por fogos de artificio, mentres recollían as cartas e mensaxes dos cativos que se ían sentando no seu regazo.

 

 

A Rúa pon así o broche a un completo programa navideño no que non faltaron as citas lúdicas, culturais e mesmo deportivas.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver

Back to top button