
No marco das mobilizacións que agricultores e gandeiros están a desenvolver contra o acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur, unha tractorada vén de cortar esta madrugada a autovía A-52 no punto quilométrico 188.200 no termo municipal de Trasmiras.
Os tractores cortaban arredor das 6:15h. autovía en ambos sentidos, ademais procedían a queimar rulos de palla e pneumáticos, segundo informa a Garda Civil.
No lugar hai patrullas trafico desvío circulación pola saída 188 saída de Ababides para o sentido Porriño (crecente) e desvío de circulación no punto quilométrico 193 (termo municipal de Xinzo de Limia), ademais paneis informativos por Centro de Xestión Tráfico.
Imaxes cedidas.
