Na mañá deste xoves 15 de xaneiro, Día de San Mauro patrón da Policía Local do Barco de Valdeorras, tres axentes recibían un recoñecemento do Goberno central.

Era o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, quen, aproveitando a inauguración da nova sede da Policía Local do Barco de Valdeorras, facía entrega a Fernando Hernández González, Gonzalo González Prada e José López García, dos distintivos honoríficos outorgados polo Ministerio do Interior pola participación nos dispositivos de emerxencia e seguridade durante a catástrofe da DANA que afectou á Comunidade Valenciana, Castela A Mancha e Andalucía en 2024.


Santos agradeceulles a súa participación directa nos dispositivos de seguridade, atención á cidadanía e labores humanitarias e de reconstrución na Comunidade Valenciana. “Foi un traballo complexo e necesario que deixa clara a vocación de servizo á cidadanía dos axentes municipais e o Goberno quere recoñecelo con estas distincións”, explicou.


Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeo: Mónica G. Bellver.