
O Concello do Barco vén de dar a coñecer a programación do primeiro semestre de 2026 no Teatro Lauro Olmo. Para hoxe estái programado “Alen”, un espectáculo de danza contemporanea posta en escea por “Colectivo Glovo”.
Desde hoxe e ata o 9 de maio, o Teatro Lauro Olmo acollerá 14 espectáculos nos que hai teatro, música, maxia e teatro en inglés para escolares. Hai que mencionar de xeito especial a obra de teatro “Memorias dun neno labrego”, baseada no libro do mesmo título e recentemente estreada do Centro Dramático Galego, que chegará ao Barco o 20 de febreiro.
