A RúaConcellosÚltima hora

Unha persoa ferida nun choque entre dous coches, na Rúa

 

Na tarde deste martes 27 de xaneiro producíase un accidente de tráfico na Rúa no que se vían implicados dous vehículos.

O 112 Galicia recibía o aviso, pasados dez minutos das seis e media, dun choque na rúa Campo Grande, nas proximidades do Hotel Espada, que se saldaba cunha persoa ferida. Tal como indican dende os servizos de emerxencia, un dos coches incorporábase á estrada desde onde estaba aparcado mentres que o outro circulaba dirección saída da Rúa.

Ata o lugar desprazábanse os bombeiros do parque comarcal que, segundo os datos do 112, confirmaron a excarceración do ocupante dun dos coches, o GES Valdeorras e voluntarios de Protección Civil da Rúa así como os servizos sanitarios do 061 que trasladaban ao ferido ata o Hospital Público Valdeorras. O condutor do putro vehículo tamén recibía atención sanitaria no hospital.

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button