A localidade de Outarelo (O Barco) celebra nesta fin de semana a Romaría de San Francisco Blanco, mártir do Tameiron (A Gudiña) e avogado da dor de cabeza. O programa comezaba días antes co triduo (do 4 ao 6 de febreiro ás 17:30h.), e xa na mañá deste sábado 7 de febreiro, despois das dúas misas anteriores (ás 10:30 e ás 11:30), ás 12:30 horas comezaba á procesión presidida polo párroco do Barco, Jesús Álvarez, xunto a outros tres sacerdotes do Tameirón, coa imaxe e a reliquia do santo, co acompañamento musical do grupo de gaitas Celtas Largos. Nesta ocasión tamén saía en procesión a reliquia de San Francisco Blanco da citada localidade Tameirón, irmandada con Outarelo dende agosto do 2025.


Tamén acudían representantes da parroquia do Tameirón (A Gudiña), lugar de nacemento do santo, e percorrían as rúas de Outarelo en procesión.

A procesión concluía coa eucaristía no interior da capela onde os fieis bicaban ao santo, pasando tamén pola imaxe as tradicionais roscas, á venda no posto que cada ano se pon no exterior.
Entre os asistentes, non faltaron os incondicionais grupos de amigos, como os membros da Confraría de San Francisco. Tamén houbo quen foi en familia e moitos deles aproveitan o día para compartir unha tapiña de polbo á feira ou churrasco nunha carpa na praza ou polas adegas.
Fotos: Carlos G. Hervella.


