CD VianaDeportesFútbolÚltima hora

Os xuvenís do CD Viana empatan a dous en casa cos do Ourense CF “C”

 

Na intempestiva tarde deste sábado 7 de febreiro e nun terreo de xogo totalmente enchoupado, os xuvenís do CD Viana sumaban un punto tralo empate co Ourense CF no campo das Carrelas.

Eran os locais os que se se adiantaban no marcador cun temperán gol de Marc no minuto 2 e xa no 30′ o mesmo xogador poñía o 2-0. Con todo, as cousas torcíanse para o club celeste que encaixaba dous goles por penalti. Un no minuto 57 e outro no 83, rematando o encontro co 2-2.

Con este resultado os rapaces de Jorge sitúanse no posto 8º da clasificación na Segunda do fútbol galego, a seis puntos do sétimo, o Velle. O seguinte partido será no campo do Peroxa.

Fotos: O SIL.

Back to top button