
O Casino do Barco de Valdeorras súmase un ano máis á celebración do Entroido esta fin de semana, con actividades para maiores e para nenos, iso si, só socios.
O sábado 14 de febreiro a partir da medianoite contarán coa actuación de Denominación de Origen Band, grupo berciano que interpreta versións de pop-rock dos anos 80 e 90. E o domingo día 15 será a quenda para os pequenos cunha merenda infantil a partir das 18 horas.
Dende o Casino convidan aos socios a acudir disfrazados. “Haberá premios sorpresa”, din.
