A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Protección Civil da Rúa retira unha árbore caída nunha senda do Aguillón

 

Na mañá deste seco e sorprendentemente soleado sábado 14 de febreiro, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa atendían o aviso da Policía Local dunha árbore caída nunha senda na zona ruesa do Aguillón, preto da praia fluvial.

 

 

O chopo cruzaba a senda ata que o troceaban e retiraban para deixar o paso libre.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button