EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada en liña sobre ciberseguridade para empresas, o próximo 12 de marzo, de 16 a 18 horas

Está organizada polo Club do Emprendemento coa colaboración da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA

Ante o “crecente aumento dos ciberataques a empresas”, o Club do Emprendemento organiza, coa colaboración da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), a xornada en liña gratuíta “Ciberseguridade para Empresas”, que se celebrará o próximo 12 de marzo, de 16 a 18 horas, dirixida especialmente a pemes e emprendedores que buscan protexer os seus negocios fronte ás ameazas dixitais.

 

 

Tal como avanzan dende AEVA, durante a sesión abordaranse, de maneira práctica, os principais riscos en  materia de seguridade informática,  así como estratexias eficaces para anticiparse a posibles brechas de seguridade e minimizar o seu impacto.

“Segundo datos recentes, máis de 97.000 incidentes foron xestionados por INCIBE en 2024, o que evidencia o aumento de ameazas na contorna dixital. Ademais, estímase que o 60% das pemes non sobreviven a un ciberataque grave, unha cifra que pon de manifesto a necesidade urxente de prevención e planificación no tecido empresarial”, aseguran dende AEVA. Por iso, baixo o lema “Anticiparse, non reaccionar”, a xornada ofrecerá aos asistentes “un plan de acción de 30, 60 e 90 días para reforzar a seguridade dos seus negocios desde o primeiro momento”. O obxectivo é proporcionar ferramentas prácticas e recomendacións claras que permitan minimizar riscos e protexer tanto a información como a reputación corporativa.

A participación é gratuíta, previa inscrición a través deste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe9D0qvNIBPcWU-ri1xox0kphBjsn1kPbWGNvnxiSCjAjFMjg/viewform

Back to top button