EconomíaEconomíaÚltima hora

O prazo de inscrición para as catas comentadas da D.O. Monterrei na Feira do Lázaro abrirarse o 7 de marzo

 

O Concello de Verín abrirá o vindeiro sábado 7 de marzo o prazo de inscrición para participar nas catas comentadas de viños da Denominación de Orixe Monterrei con maridaxe de produto galego, unha das actividades gastronómicas que se desenvolverán no marco da Feira do Lázaro 2026 en colaboración coa D.O. Monterrei.

As sesións celebraranse os días 21 e 22 de marzo no espazo de actividades do pavillón da feira, cun formato participativo que permitirá ás persoas asistentes coñecer mellor as características e posibilidades de maridaxe dos viños da comarca.

O programa inclúe tres catas comentadas, centradas na versatilidade dos viños da denominación e na súa combinación coa gastronomía galega:

  • Sábado, 21 de marzo | 12:15 – 13h.

Versatilidade dos viños brancos da D.O. Monterrei con produto galego

  • Sábado, 21 de marzo | 19 – 19:45h.

Versatilidade dos viños tintos da D.O. Monterrei con produto galego

  • Domingo, 22 de marzo | 12:15 – 13h.

Aprende a combinar os viños da D.O. Monterrei con produto galego  

Cada sesión contará con 20 prazas dispoñibles e terá un prezo de 12 euros por persoa, polo que se recomenda realizar a inscrición con antelación.

Inscricións

O prazo de inscrición abrirase o 7 de marzo e permanecerá aberto ata o 18 do mesmo mes. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación de varias maneiras:

  • Presencialmente na oficina OMIC, na Casa da Xuventude
  • Chamando ao teléfono 988 414 776
  • A través do correo electrónico blankylm@gmail.com

Estas actividades buscan poñer en valor a calidade e diversidade dos viños da D.O. Monterrei, ao tempo que se reforza a relación entre o sector vitivinícola e a gastronomía galega dentro dun dos eventos máis emblemáticos do calendario festivo e comercial de Verín.

 

Back to top button