EconomíaEconomíaÚltima hora

A Asociación Valdeorresa de Apicultores celebrará mañá a súa asemblea xeral, en Vilamartín

Será ás 17 horas no Centro Sociocultural Santa Lucía e ao rematar terán unha charla sobre a varroa

Asistentes á asemblea o ano pasado./ Foto: Agrupación Apícola de Galicia.

 

Cada ano por estas datas, ás portas da primavera, a Asociación Valdeorresa de Apicultores celebra a súa asemblea xeral. A cita será mañá, sábado 7 de marzo ás 17 horas no Centro Sociocultural Santa Lucía, en Vilamartín de Valdeorras para tratar temas como as actividades levadas a cabo e as propostas para este ano; o balance de contas; ou o presuposto para este 2026.

Coma sempre ao rematar terán unha interesante charla, impartida por Rubén Fernández Rodríguez, biólogo e apicultor colaborador da Agrupación Apícola de Galicia, que falará sobre a loita integral contra a varroa (resistencia aos produtos, pautas de tratamentos, momento de tratar, tratamento a elixir,…).

E como peche á xornada, os asistentes compartirán uns petiscos no Bar Acuarela.

 

Back to top button