OurenseÚltima hora

Un home precisa asistencia sanitaria por inhalación de fume logo de incendiarse unha fritideira en Ourense

 

Na mañá deste luns 9 de marzo un home precisaba asistencia sanitaria logo de incendiarse unha fritideira en Ourense. “O varón resultou afectado por inhalación de fume”, puntualizan dende o 112 Galicia explicando que era “unha operaria dun establecemento de hostalaría situado á altura do número 64 da rúa do Progreso”, quen dez minutos despois das sete e media desta mañá, chamaba ao 112 para solicitar a intervención dos Bombeiros. “Indicaba que lles estaba ardendo unha fritideira”, din.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento de ademais dos Bombeiros, dos axentes da Policía Nacional e Local. “Unha vez no lugar, os axentes da Policía Local confirmaron que eran precisos os profesionais sanitarios para atender a un varón que presentaba síntomas de intoxicación debido ao fume provocado”.

Por iso, desde o 112 Galicia pasaban aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou unha ambulancia ao punto para trasladar ao varón por inhalación de fume. “Os Bombeiros indicaron que ardeu unicamente a fritideira e que o local se vira afectado polo fume”, puntualizan.

Back to top button