CulturaCulturaÚltima hora

O Fulión de Viana do Bolo, convidado á X Mascarávila o 18 de abril en Casavieja (Ávila)

Boteiros de Viana do Bolo durante o Entroido./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro 18 de abril a localidade de Casavieja (Ávila) acollerá a décima edición de Mascarávila, que reunirá a mascaradas desta provincia, pero tamén a outras chegadas doutros puntos da península como é o caso do Fulión e dos Boteiros de Viana do Bolo. Entre os grupos convidados tamén figuran os Sidros y Comedies de Valdesoto (Asturias).

Entre outras actividades, no programa sobresae un desfile previsto para as 17h. Nel participarán a Real Cabaña de Carreteros de Gredos, a Vaquilla e campanillos de Hoyos del Espino; Vaquillas, quintos e rondas de Navalmoral de la Sierra, Burgohondo, Navaluenga e Gemuño; Vaquilla, dulzainas e Danzas de Hoyocasero; Vaquilla, ronda e danzas de Piedralaves; Vaquilla e Harramachos de Navarredonda de Gredos-Barajas; Gamusinos de Casas del Puerto; Machurreros, rondalla e jotas de Pedro Bernardo; Harramachos e dulzainas de Navalacruz; Zarramaches e Pastores de Casavieja; Cucurrumachos de Navalosa e as súas dulzainas; Toras de El Fresno; Morrangos de El Hornillo; Paseo del Judas de Serranillos, xunto coa representación de Jarramachos, Cencerrá e Tiznaera de Navarrevisca.

E por suposto os devantidos grupos convidados, entre eles o de Viana do Bolo.

Back to top button