A praza da localidade da Portela de Portomourisco (Petín-Larouco) convertíase no mediodía deste 14 de marzo en escenario da IV Festa do Caldo. A partir das 14h., nunha carpa instalada no lugar, dábanse cita unhas 200 persoas que degustaban un menú a base de “caldo a esgalla”, carne do caldo, sobremesa, viño, auga, rematando con café de pota e licores.
A iniciativa, promovida pola Asociación A Rabiosa de Portela, estaba inicialmente prevista para o 7 de febreiro pero as malas condicións meteorolóxicas obrigaban a aprazala e hoxe finalmente tiña lugar a celebración.
Fotos: Mónica G. Bellver.
