OurenseÚltima hora

Parada de Sil celebra o Día da Muller

 

A localidade de Parada de Sil celebraba nesta fin de semana os actos polo Día Internacional da Muller. Nun acto, co salón de plenos cheo, o alcalde Alcalde Aquilino Domínguez saudaba aos asistentes e agradecía a súa presenza. Despois interviña Sabela Rodríguez quen explicaba as orixes desta conmemoración e aseguraba que hoxe “que estamos en terreo movedizo en canto os dereitos das mulleres polo que hai que defendelos todos os días”.

 

 

A continuación proxectábase un vídeo que reunía a catro xeracións de mulleres dende unha labrega ata unha adegueira que emprendeu en Parada vindo de Madrid, unha moza gandeira, dúas inmigrantes, colombiana e cubana, que traballan na hostelería e dúas nenas. Todas explicaron as súas experiencias en Parada pondo de relevo o bienestar, a paisaxe e a boa acollida deste municipio.

Ao remate servíase un viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, aportado por María José Yravedra de Rondel do Sil, unha das emprendedoras que aparecen no vídeo e que anima a vir a emprender a Parada.

Fotos cedidas.

 

Back to top button