EconomíaEconomíaÚltima hora

O programa formativo “Cortafuegos productivos” impartirase no Barco a partir de abril

 

“Cortafuegos productivos” é un programa formativo que se vai desenvolver no Barco, promovido polo Concello e o Eixo Atlántico dentro do programa europeo USE4Forest. O prazo para a inscrición está xa aberto, e pode facerse tanto coa lectura do código QR  que se inclúe no cartaz, como premendo no enlace que tamén se atopa no mesmo: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScAkAThOi_gX8II-QnReTmz-rAuf_cGp-dhJJaoYw3F2OfNUg/viewform?pli=1

O obxectivo deste proxecto é formar a persoas interesadas en desenvolver iniciativas en zonas rurais que podan utilizarse como “cortafogos produtivos” nun futuro.

Trátase dunha formación gratuíta, dirixida ao público en xeral e que conta con un máximo de 30 prazas.Son en total 196 horas, das que 20 serán online e o resto presenciais.

As clases teóricas e prácticas desenvolveranse pola tardes dos días laborables marcados no programa, co fin de facilitar o acceso a todos os interesados. A aula do Viveiro de empresas do Barco acollerá a formación teórica, es as prácticas desenvolveranse en fincas situadas na localidade de Alixo, con cuxos propietarios o Concello firmou convenios de cesión temporal para o seu uso para este proxecto.

As clases presenciais comezarán o 20 de abril, e terminarán o 19 de xuño, con seis módulos que inclúen formación en temas tan interesantes como a micoloxía, a repoboación de castaños, a produción de aromáticas e medicinais, apicultura e silvopastoreo.

A formación, na que se inclúen visitas fora da localidade tamén gratuítas para os participantes, será impartida por docentes que teñen experiencia acreditada en cada unha das materias que se tratarán ao longo do curso.

 

Back to top button