PolíticaÚltima hora

Pintan de vermello a placa da sede do BNG en Viana do Bolo

Foto cedida.

 

A través dun comunicado de prensa o BNG de Viana do Bolo vén de facer público que a placa da sede desta formación política en Viana do Bolo vén de ser pintada de vermello. O BNG considera “grave o suceso” e decidiu “iniciar as accións legais pertinentes para que se depuren as correspondentes responsabilidades”.

Esta formación política di que “vivimos esta situación coa maior preocupación, xa que tras este tipo de actos adoitan agocharse ideas reaccionarias e profundamente antidemocráticas”. E ante isto resaltan que “cómpre reafirmar o noso compromiso coa defensa dos dereitos do pobo galego e coa liberdade de vivir nunha sociedade plural, xusta e en paz”.

Back to top button