OurenseÚltima hora

A obra da barquense Lola Doporto, na mostra sobre arte feminina “Marzo todo o ano” en Ourense

A súa inauguración está prevista para as 20h. do 17 de marzo na Sala Valente da cidade e conta con pezas de 25 creadoras

 

“Marzo todo o ano”, unha singular mostra promovida dende a Sala Ángel Valente de Ourense, aposta segundo ano consecutivo por dar visiblidade ás creadores. Esta iniciativa, enmarcada no programa do 8M, involucra a máis de vinte artistas, entre as que figura novamente a pintora valdeorresa Lola Doporto, natural de Millarouso (O Barco). Participará neste proxecto coa obra “Cuadro chica con pájaro”.

A inauguración da mostra está prevista para mañá martes 17 de marzo ás 20h. na Sala Valente da capital da provincia, situada na rúa do Paseo número 20.

A mostra achega pezas de Ana Navas López, Cristina Roo, De Padua, Ana Fernández, Carmucha Vázquez, Olga Reinoso, Elena Guevara, Mayte Diz, Ana Ferreiro, Isabell Seidel, Lola Doporto, Tareixa Taboada, Ehlaba Carballo, María Puertas, Sula Repani, Alba Fernández, Gill Bird, Susi Ballester, Laura Paz Somoza, Inma Solleiro, Lola Veiras, MManxela, Mª Victoria Berjano Cid, Anxos do Souto e Ofelia Cardo. No proxecto volve colaborar Olga Pastor Alvarado, comisaria e consultora de arte.

“Marzo todo o ano” poderá visitarse de martes a sábado: 11:00 h – 13:30 h | 18:30 h – 21:30 h. E tamén os domingos: 11h. – 13:30h.

Imaxes cedidas.

 

Back to top button