CulturaCulturaÚltima hora

O Fulión e os Boteiros de Viana estarán nas XVI Xornaes de Mazcaraes d’Iviernu de Valdesoto

O Fulión de Viana do Bolo en Asturias no 2025./ Cedida.

 

O Entrudio de Viana do Bolo estará presente, un ano máis, nas XVI Xornaes de Mazcaraes d’Iviernu, que se celebrarán o día 28 de marzo en Valdesoto (Siero, Asturias), promovidas pola Asociación Sidros y Comedies. Así neste encontro participará o Fulión e os Boteiros, que levan participando como grupo convidado xa dende a súa primeira edición.

Ademais desta volta tamén acudirán a estas xornadas outras máscaras ourensás. Bonitas de Sande (Cartelle). No desfile, que comezará ás  16:30h. (dende o campo de fútbol Villarea e rematará no Campu la Ilesia) tamén participarán os Mazcaraos de Rozaes (Villaviciosa), os Mazcaritos d’Uviéu, a Asociatia Balada-Masti de Romanía, o IES El Sueve de les Arriondes de Parres, o Kuartango Inauteriak de Araba (Euskadi) e, por suposto, os Sidros y Comedies y Escolinos de Fayes (Valdesoto).

 

Back to top button