CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase a “Guía ilustrada do Entroido galego”, no marco da ViBoMask en Viana do Bolo

 

Viana do Bolo vive neste 21 de marzo o seu día grande no XI Festival Internacional ViBoMask Mascarada Ibérica. Dende as 11h. a zona da praza Maior da vila acolle o ViBoMarket, unha mostra de produtores locais e de artesanía en diferentes materiais, que se manterá aberta ao longo de toda a xornada.

Ademais ás 11:30h. no salón de actos do Concello tiña lugar a presentación do libro “Guía ilustrada do Entroido galego” (Xerais, 2025) , especialmente pensada para achegar á cativada o mundo desta celebración tradicional galega. O acto contaba coa presenza dos autores da obra, Alba de Evan e Xabier Domínguez, así como coa do seu editor, Ramón D. Veiga. O volume conta con ilustracións de Iria Prol.

 

 

 

Persoas de diferentes idades seguían este acto, ao que tamén acudía o alcalde de Viana, Germán García-Ávila, e representantes da Asociación Robreda.

Para mañá ás 10:30h. está prevista unha nova presentación deste libro no marco da ViBoMask, pero xa na praza de Vilariño de Conso ás 10:30h.

Fotos cedidas.

Back to top button