A ritualidade de medio cento de festas de inverno da Península Ibérica envolvía na tarde deste 21 de marzo a vila de Viana do Bolo no marco do XI Festival ViBoMask Mascarada Ibérica. Sons, ritmos, danzas, máscaras, rituais, ademais de fariña, xogos, trasnadas ou mesmo atranques que asombraban a multitude de persoas que seguía o percorrido deste desfile.
Podían verse singulares e interesantes celebracións do ciclo do inverno de diferentes puntos da comunidade autónoma galega (con especial protagonismo dos Entroidos da provincia de Ourense), así como doutras veciñas como Asturias, Cantabria e Castela e León e doutras como Castela-A Mancha, Estremadura e País Vasco. A representación internacional nesta edición vén da man de Portugal con ata cinco celebracións chegadas dende Bragança, Viana do Castelo e Viseu.
Achégase un resumo en vídeos do desfile de Viana do Bolo.
Vídeos: O SIL.