Un ano máis a cidade de Ourense festexaba unha das súas festas máis tradicionais: o San Lázaro. Unha cita que se celebra dous domingos antes de Pascua, este ano, na mañá deste 22 de marzo.
Os actos comezaban coa misa solemne na honra de San Lázaro na igrexa parroquial de Santo Domingo, seguida da procesión ata a igrexa dos Franciscanos, percorrendo as rúas Santo Domingo, parque de San Lázaro e Xaquín Lorenzo.
E xa ás 13 horas tiña lugar a tradicional Queima das Madamitas a cargo da Pirotecnia Josman fronte á Subdelegación do Goberno.
