OurenseÚltima hora

A Gardia Civil de Ourense localiza e investiga a un conductor que se dera á fuga tras provocar un sinistro vial con feridos

O Grupo de investigación e Apoio ao Tráfico (GIAT) investígao por dous supostos delitos contra a seguridade viaria, "negarse a realizar as probas de alcol e drogas e conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas"

Coche do investigado./ Foto: Garda Civil.

 

Ás 23.45 horas do pasado 15 de marzo, a central operativa do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense recibía unha chamada procedente do 112 Galicia, “alertando dunha colisión por alcance entre dous vehículos na autovía AG/AG-31 (A-52-Celanova), resultando feridos leves o condutor e tres ocupantes do vehículo alcanzado”. Segundo o 112, “o condutor do turismo que provocara o alcance, tras saírse da vía, fuxiría a pé por un monte contiguo, deixando ambos os turismos sinistrado no lugar, con cuantiosos danos materiais”.

Segundo explican dende a Garda Civil de Ourense, “trasladados ao lugar patrullas e equipos das unidades de investigación do subsector de tráfico, e tras diversas indagacións e investigacións, un dos axentes do Grupo de investigación e Apoio ao Tráfico (GIAT) localiza, pasadas 2 horas, ao condutor fuxido, escondido e baixo unha evidente influencia de bebidas alcohólicas. Ao ser requirido para someterse ás probas de detección de alcol e drogas, négase rotundamente a realizar ningunha das 2 probas”.

 

Coche alcanzado no sinistro vial polo investigado./ Foto: Garda Civil.

 

Por todo iso, o Grupo GIAT procede á súa invetigación por dous supostos delitos contra a Seguridade viaria: “negarse a realizar as probas de alcol e drogas estando implicado nun sinistro viario, que podería  conlevar penas de prisión de 6 meses a 1 ano e privación do dereito para conducir de 1 a 4 anos; e conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, castigado con penas de prisión de 3 a 6 meses, multa ou traballos en beneficio da comunidade, e en todo caso privación do dereito para conducir de 1 a 4 anos”. Ademais, o condutor “podería cometer tamén un delito de abandono do lugar do sinistro, castigado con penas de prisión de 6 meses a 4 anos e privación do dereito para conducir de 1 a 4 anos”, engaden dende a Garda Civil, lembrando que o alcol é un dos factores de risco máis frecuentemente implicados nos accidentes de tráfico.

O alcol está presente entre o 30% e 50% dos accidentes mortais. “Son moitas as mortes que se poden evitar se todos facemos un consumo responsable do alcol e nunca conducimos baixo os seus efectos” matiza o
capitán Javier Barja, xefe do subsector de tráfico en Ourense.

 

Back to top button