
O vindeiro 24 de marzo, martes terá lugar en Ourense a presentación do libro de Bruno Rúa “Aldeas de Conso, Frieiras e Viana (e As Portelas), nun acto organizado polo Ateneo. Este volume recolle retallos de historias, visións persoais do autor das aldeas así como a admiración pola arte e arquitectura, e, sobre todo, a esencia humana que lle dá sentido a toda esta terra.
Trátase do terceiro libro de Bruno Rúa, despois do que escribiu sobre as aldeas da comarca do Támega e logo do que realizou recentemente sobre as aldeas da comarca da Limia.
O acto está programado para o día 24 ás 19 horas na nosa sede provisional no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Progreso, 30)