EconomíaEconomíaÚltima hora

Música en directo, paella e petiscos na festa do 2º aniversario do Esconditte Inglés, o sábado 28 de marzo na Rúa

Vero, no primeiro aniversario.

 

Coma quen non quere a cousa pasaron xa dous anos dende que Santi e Vero poñían en marcha o seu proxecto máis persoal, o Esconditte Inglés (rock bar), un local de hostalaría para comer, beber e tamén desfrutar da boa música e compañía que o vindeiro sábado 28 de marzo celebrará o 2º aniversario por todo o alto.

 

 

Comezarán cunha sesión vermú a cargo de Dj Repunante a partir das 13 horas; ás 14:30 horas haberá paella e petiscos gratis; e ás 16 horas concerto de Querida Margot, unha banda asturiana en plena evolución creativa, cun rock potente, elegante e con empaque a través de cancións que combinan forza, melodía e “unha honestidade lírica pouco habitual”.

A festa continuará de tarde con Dj Pimento.

Back to top button