EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei certifica baixo o seu selo de calidade a súa nova adega, “Father 1943”

 

A sede da entidade acolleu unha reunión do Comité de Certificación da Denominación de Orixe Monterrei, destinada a valorar a certificación dunha nova adega dentro do territorio vitivinícola de Monterrei.

Constatado polo comité de certificación que esta nova adega superou todos os requisitos necesarios, a adega Father 1943 (Reitoral do Monaguillo, S.L.) (situada en Vilamaior -Verín-) pasa a certificar os seus viños baixo a tipoloxía branco Monterrei.

Con esta incorporación xa son 30 as adegas rexistradas e certificadas pola Denominación de Orixe Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Laza e Cualedro. Os viñedos deste D.O. ocupan un total de 852 hectáreas de territorio nas que traballan 397 viticultores.

 

Back to top button