Comeza a Semana Santa no Barco de Valdeorras. Na tarde deste Venres de Dor, o Orfeón Valdeorrés abría o extenso programa na capitalidade da comarca.
Primeiro cantaba a santa misa das sete na igrexa de San Mauro, na que tamén era bendicido o óleo do estandarte do Nazareno, “obra do xove e talentoso pintor valdeorrés, Enrique Fernández”, explica o párroco Jesús Álvarez. E de seguido o coro daba un breve pero intenso concerto cun repertorio centrado na Paixón e no tempo de Advento.
Comezaban cun tema de voces masculinas e remataban con Campanas de Bastabales (canción de Amancio Padra e letra de Rosalía de Castro). E entre medias interpretaban temas tan variados como Pan Divino y Gracioso (obra que non cantaban dende que a interpretaron no Vaticano hai décadas, Piedad, Jesús ou Gaudete.
A seguinte cita da Semana Santa no Barco será mañá, sábado 28 de marzo, co pregón a cargo de Aurelio Blanco Trincado na misa en memoria do confrades difuntos ás 19 horas.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.