A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Domingo de Ramos na parroquia ruesa de Santo Estevo

 

Con especial devoción se vive a Semana Santa na parroquia ruesa de Santo Estevo, que abría a programación o Venres de Dor con confesións, Vía Crucis e misa.

 

 

E xa no mediodía deste 29 de marzo, Domingo de Ramos, tiña lugar a bendición de ramos e palmas no adro da igrexa. Numerosas persoas asistían a este culto relixioso no exterior da igrexa, guiadas polo párroco, Daniel Pérez. De seguido todos xuntos entraban no templo pola porta principal para asistir á santa misa cantada polo coro parroquial.

 

 

Tamén no interior da igrexa tiñan á venda pastas de té gloriosas e almendrados para axudar ás monxas e tamén á parroquia.

 

 

A seguinte cita será o Xoves Santo coa Misa da Cea do Señor ás 18:30 horas e a Hora Santa ás 22 horas.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button