CulturaCulturaÚltima hora

O Fulión de Viana, os seus Boteiros e a Mula, polas rúas de Valdesoto (Asturias)

Unha representación do Entrudio de Viana do Bolo acudía ás XVI Xornaes de Mazcaraes d’Iviernu, promovidas pola Asociación Sidros y Comedies

 

O toque de bombos e aixadas do Fulión de Viana do Bolo soaba na tarde do 28 de marzo polas rúas de Valdesoto (Siero, Asturias). Por elas tamén corrían os Boteiros e a Mula couceadora e o Maragato, facían das súas. O Entroido de Viana do Bolo participaba, un ano máis, no desfile das XVI Xornaes de Mazcaraes d’Iviernu, promovidas pola Asociación Sidros y Comedies. Leva asistindo como grupo convidado xa dende a súa primeira edición.

Ademais desta volta o programa tamén incluía a presenza  doutras máscaras ourensás, as Bonitas de Sande (Cartelle). No desfile, que comezabaás  16:30h. (dende o campo de fútbol Villarea e rematará no Campu la Ilesia) tamén participaban os Mazcaraos de Rozaes (Villaviciosa), os Mazcaritos d’Uviéu, a Asociatia Balada-Masti de Romanía, o IES El Sueve de les Arriondes de Parres, o Kuartango Inauteriak de Araba (Euskadi) e, por suposto, os Sidros y Comedies y Escolinos de Fayes (Valdesoto).

Fotos cedidas.

 

Back to top button