
Con gran devoción, numerosas persoas participaban neste Venres Santo no Viacrucis das Ermidas (O Bolo), que se iniciaba ás 11:30h. Iván Domínguez Diz retrataba este momento tan especial con diferentes imaxes, que achegamos a continuación.

Despois de completarse o percorrido polas 15 estacións, cos seus correspondentes conxuntos escultóricos, os pasos coas súas imaxes voltaban ao santuario para os oficios da tarde: a Acción Litúrxica, o Sermón das Sete Palabras e o Desecravo.
Fotos: Iván Domínguez Diz.
