CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Juan Antonio Pinza, homenaxeado no Festival Medieval de Viana: “A miña emoción e agradecemento por esta honra inmerecida”

 

Á beira da torre da homenaxe do Castelo desenvólvese dende as 18h. deste 4 de abril o IX Festival Medieval de Viana do Bolo, unha iniciativa cultural que ten como obxectivo recuperar e poñer en valor o patrimonio do romanceiro medieval transmitido por tradición oral no noroeste peninsular.

No seu decurso vén de renderse unha sentida homenaxe ao investigador e profesor vianés Juan Antonio Pinza, natural da aldea de Pixeiros,  pola súa contribución á investigación e difusión do romanceiro tradicional. Neste acto estaba acompañado polo alcalde de Viana do Bolo, Germán García-Ávila; polo director da Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; María Jesús Movilla, membro da Coral Candea.

 

 

Moi emocionado, Pinza agradecía este recoñecemento a un vianés que exerceu de profesor en lugares como Viana do Bolo, Ourense e Puebla de Sanabria. “A miña emoción e agradecemento por esta honra inmerecida”, dicía. Agradecía expresamente o apoio das diferentes administracións que fixeron posible este acto e tamén das persoas que colaboraron no mesmo. E tiña unha mención especial para dos ex alumnos que o acompañaban no escenario, como son o rexedor de Viana e María Jesús Movilla.

Fotos cedidas.

Back to top button