ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Solemne procesión da Soidade no Sábado Santo, no Barco

 

En silencio, con candeas e seguindo a imaxe da Virxe, numerosas persoas asistían á Procesión da Soidade, unha das últimas da Semana Santa do Barco. Partía ás 22h. deste Sábado Santo dende a igrexa de San Mauro, para despois subir pola zona vella da vila, en dirección á rúa Doutor Pérez Lista para logo xirar e continuar pola rúa Marcelino Suárez e por Eloi Mira para, finalmente, regresar ao punto de partida.

Unha vez na igrexa, o párroco do Barco, Jesús Álvarez, comezaba a oficiar a tradicional Vixilia Pascual.

Nesta procesión, como no resto das realizadas durante a Semana Santa, contábase co apoio da Policía Local do Barco para organizar o tráfico e velar pola seguridade.

Os cultos da Semana Santa do Barco concluirán mañá, Domingo de Pascua, coa saída ás 12:30h. da procesión da Resurrección de Señor, seguida da misa, na igrexa de Santa Rita.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button