ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeosVilariño de Conso

Ronda do fulión no Domingo de Pascua por Vilariño de Conso

 

O toque dos bombos e gadañas do fulión da Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso envolvía na mañá neste Domingo de Pascua cada recuncho da vila. A partir das 11h. a Asociación Xuntos polo Fulión iniciaba na praza unha ronda, precedida polas carreiras e as danzas dos Boteiros, que tras percorrer a localidade continuaba ata a ponte sobre o río Cenza, nas proximidades da área recreativa, e concluía no interior do pavillón municipal.

 

 

 

Esta ronda servía como limiar da representación da fuliada, que, tras unha paréntese de dez anos, volvía a celebrarse en Vilariño de Conso.

Fotos: A.R.

Vídeos: Cedido/ O SIL.

 

 

Cedida.

 

Cedida.

 

 

 

 

Back to top button