ConcellosO BarcoÚltima hora

A procesión da Resurrección do Señor pecha a Semana Santa do Barco

 

A imaxe da Virxe portada por mulleres e cuberta cun veo negro saía en procesión dende a igrexa de Santa Rita do Barco no mediodía do Domingo de Pascua. Encabezaba a procesión da Resurrección do Señor, que tras saír do templo, seguía pola praza do Príncipe, rúas España, Eloi Rodríguez Barrios e Valorca para logo voltar á praza do Príncipe.

Alí, nas escaleiras que dan acceso á igrexa producíase a Virxe perdía o seu manto negro. A partir era levada ata o interior da igrexa, onde continuaba a celebración coa misa da Resurrección do Señor, oficiada polo párroco barquense, Jesús Álvarez. Con este acto ponse fin aos cultos dunha intensa Semana Santa no Barco.

En todo momento durante a procesión o tráfico estivo regulado pola Policía Local do Barco.

Fotos cedidas.

 

Back to top button